O pasado xoves 10 de outubro fixemos na Escuela de Maxisterio de Vigo a primeira xornada de presentación do programa Poñendo os Lentes.

Estiveron as compañeiras Inma (vicepresidenta de AMINO) e Isa (coordinadora da zona sur do Programa). Ademais foi moi gratificante contar con Paloma e Paula, dúas voluntarias que participaron o curso pasado e que compartiron a súa experiencia co resto de compañeiros e compañeiras.

Estamos moi contentas coa acollida. A día de hoxe xa contamos con 26 personas que queren participar!!

Queremos agradecer a Maria Jesus Ayuso, directora da Escuela, e a o resto dos profesionais que traballan alí, a súa implicación dende o minuto 1 para difundir e transmitir ao alumnado a importancia deste tema.

Comezamos!!

captacion CEU 19 20