O 80% dos abusos a menores con discapacidade danse no contexto próximo

 

As cifras son arrepiantes. Entre o 60 e o 80 % dos menores con discapacidade intelectual sofren algún tipo de abusos, sexan sexuais, psicolóxicos ou mesmo financieiros. Deles, só un 3% chegan a verbalizar o seu problema. Para romper mitos, previr e intervir contra este tipo de violencia expertos de toda España reúnense hoxe nun seminario en Santiago.

Aínda que hai poucos estudos e cifras oficiais, a experiencia de Israel Berenguer, psicólogo da Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual Fundación Carme Valcarce, axuda a entender a dimensión do problema.

«O dato é arrepiante. Entre o 60 e o 80 % dos menores con discapacidade intelectual sufrirán algun tipo de abuso.», conta Israel.

Só un 3% dos discapacitados contan a súa traxedia e só 2% dos abusos, incluídos os sexuais, acaban por ser denunciados. Este silencio susténtase en que a maioría se producen no eido familiar.

«O 80% dos abusos pertencen ao contexto próximo, a familia, amigos, profesores»
«Tócanos detectalo á rede, mestres, asociacións, psicólogos… Non podemos esperar que sexa a familia a que o descubra cando son eles na maior parte dos casos. 

O mito absurdo de que todos os menores con discapacidade intelectual menten supón roubarlles a palabra. Para facerlles de voceiros están entrando en xogo asociacións como AMINO en Galicia ou a Fundación Carmen Valcarce.

Puedes ver el vídeo del reportaje pinchando aqui

Fuente: CRTVG