a dubidaO pasado 10 de novembro as compañeiras Isabel e Leticia participaron na presentación da novela A Dúbida, de María Reimóndez.

Nesta novela, se presenta un caso dun abuso sexual a unha menor dende a perspectiva da muller do agresor. 

 

A presentación da novela consitiu nunha  entrevista moi dinámica na que se falou de tódolos temas recollidos na Dúbida: o problema da revictimización, os falsos mitos, a dificultade de probar un abuso sexual a nivel xudicial, etc.

Tamén tivemos a oportunidade de presentar Amino.Gal e falar do labor que realizamos. 

A Dubida2

Foi unha xornada moi enriquecedora. Alegrámonos e agradecemos a María Reimóndez que a través da súa novela moita xente poida «poñerse as gafas» do abuso.